BASES

1. Os cliptometraxes preséntanse a título individual ou en grupo (máximo dúas persoas, aínda que na realización participen varias), e tamén en grupo aula.
2. As obras presentadas deberán mostrar propostas orientadas a : POR QUÉ A LEI PROHIBE BEBER ALCOHOL AOS MENORES DE IDADE ?
3. As obras deberán ser orixinais e inéditas. Poden ser de ficción , animación ou documental.
4. Usar imaxes, músicas libres de dereitos ou de autoría propia ou debidamente cedidas.
5. Non se aceptarán as que atenten contra a dignidade das persoas nin as desgradables ou ofensivas.
6. A técnica será libre, podendo gravarse con calquera disposivo, incluídos os teléfonos móbiles.
7. Duración máxima 1 minuto.
8. Pódense enviar á web www.apuntateunhaidea.es, por correo postal ou eléctronico
9. As cliptometraxes seleccionadas polo xurado colgaranse na web www.apuntateunhaidea.es e nunha web de vídeo (Youtube, Vimeo, ...) para visualización pública, coa información de que forman parte do 5º concurso "Apúntate unha idea para desmontar o alcohol". A votación pública será do 9 ao 23 de abril 2018.
10. Haberá dúas formas de determinar os clipmetraxes premiados: Premio do Xurado e Premio Popular do máis votada popularmente entre as seleccionadas polo xurado para votación pública.
11. Premios:

- PREMIO CLIPMETRAXE POPULAR...............Un smartphone libre
- PREMIO DO XURADO.....................................Un smartphone libre
- 2 ACCÉSIT........................................................Unha tableta

Poderanse outorgar mencións honoríficas se se considera oportuno.
12. O Concello de Ourense, declina toda responsabilidade legal sobre o incumprimento en materia de propiedade intelectual, de imaxe e/ou de son.

Videos