Cliptometraxes Microrrelatos

PARTICIPACIÓN

Estudantes da ESO ( de 12 a 16 anos de idade aproximadamente) do Concello de Ourense.
Pódese participar nunha ou varias categorías, cun único desenvolvemento creativo.
Poderase concorrer de forma individual ou en grupo integrado por un máximo de dúas persoas.
Na categoría e cliptometraxe poderá concorrir o grupo aula.

FINALIDADE

Promover e dar participación á mocidade, como canle de expresión de ideas de prevención
de consumo de bebidas alcohólicas e desenvolvemento creativo cultural e artístico

TEMA

Por qué a Lei prohibe beber alcohol aos menores de idade ?

PREMIOS

GAÑADOR/A para cada categoría.Un smartphone libre.
2 ACCÉSIT para cada categoría Unha tableta.
PREMIO CLIPTOMETRAXE DE GRUPO AULA Material educativo por valor de 150€.

Poderanse outorgar mencións honoríficas se se considera oportuno.

PRESENTACIÓN

Os traballos poderán entregarse ata o 4 de Abril de 2018 na Concellaría de Sanidade do Concello de Ourense: R/Vasco da Ponte, 1, 32004 Ourense.
Os cliptometraxes se poden enviar á web www.apuntateunhaidea.es

  • XURADO

    O xurado será nomeado pola Concellaría de Sanidade e o fallo se comunicará aos titores así como a data de entrega de premios. O fallo será inapelable e poderanse declarar desertos os premios.
    As ideas serán propiedade do Concello de Ourense e resérvarase o dereito da posible recopilación para a súa difusión ou publicación.
    Os cliptometraxes seleccionados polo xurado se colgarán na web www.apuntateunhaidea.es e nunha web de vídeo ( youtube, vimeo,... ) para a visualización e votación pública deo 9 ao 23 de abril de 2018