MICRORELATOS

BASES

1. Os participantes serán estudantes da ESO ( 12-16 anos de idade aproximadamente ) do Concello de Ourense.
2. Pódese concursar individualmente ou en grupo ( máximo dúas persoas)
3. Pódese participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo.
4. O tema das propostas deberá estar relacionado con : Por qué a Lei prohibe beber alcohol aos menores de idade ?
5. Haberá catro categorías
- Un ESLOGAN en galego ou castelán con 5 palabras máximo para resumir a idea.
- Unha ACCIÓN para difundir a idea
- Un MICRORRELATO en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras, para redactar a idea
- Unha CLIPTOMETRAXE de non máis de 1 minuto para gravar a idea ( consulta as bases de cliptometraxe)
6. O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade, e a súa decisión será inapelable.
7. A Concellería de Sanidade de Ourense resérvaráse o dereiro sobre os traballos presentados, que non se devolverán.
8. As ideas entregaránse ata o 4 de Abril de 2018, aos titores ou poderanse enviar á: Concellería de Sanidade, R/Vasco da Ponte, 1, 32004 Ourense
9. As cliptometraxes seleccionadas polo xurado colgaranse na web www.apuntateunhaidea.es e nunha web de vídeo (Youtube, Vimeo, ...) para visualización pública, coa información de que forman parte do 5º concurso "Apúntate unha idea para desmontar o alcohol". A votación pública será do 9 ao 23 de abril 2018.
10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.